Quen vende
Lara Fandiño Guimeráns (larias) · NIF 53612982M · Rúa Cerca, 28, 15009 A Coruña · ola.larias.wrk@gmail.com
Produtos e prezos
Os prezos da tenda están en euros e incluén o IVE. Cada produto imprímese con coidado, e pequenas diferenzas forman parte de que sexa un traballo artesanal.
Pagamento
Podes pagar con tarxeta, Apple Pay ou Google Pay. O pago procésase de forma segura a través de WooPayments (Stripe).
Envíos
- Envío a España peninsular e Baleares por Correos.
- Custo: 5 € por pedido, leve os produtos que leve.
- Prazo: preparo o pedido en [2–6] días laborables. Despois, Correos adoita tardar entre 24 e 72 horas.
- Encargos personalizados: teño dúas semanas para facer a ilustración desde que recibo a enquisa, máis os días de envío.
Dereito de desistimento e devolucións
Tes 14 días naturais desde que recibes o pedido para devolvelo sen dar explicacións.
- Escríbeme a ola.larias.wrk@gmail.com indicando o número de pedido.
- Envíao en bo estado e ben protexido. O custo do envío da devolución corre da túa conta.
- Cando o reciba e comprobe que está ben, devolvoche o importe, incluído o envío orixinal, no prazo máximo de 14 días e polo mesmo método de pago.
Excepción: os encargos personalizados non admiten devolución, porque se fan só para ti seguindo as túas indicacións.
Se o pedido chega danado
Escríbeme nas 48 horas seguintes á entrega cunha foto do paquete e do produto. Envíoche outro ou devolvoche o importe, sen custo para ti.
Garantía
Os produtos teñen a garantía legal que establece a normativa de consumidores.
Lei aplicable
Estas condicións ríxense pola lexislación española.
